Radio Galega

Radio Galega Facebook oficial da Radio Galega A Radio Galega é a emisora de radio pública de Galicia

16/09/2026

🚶 tira por terra un mito... Non é certo que o Botafumeiro da Catedral de Santiago se crease para suavizar o cheiro dos peregrinos 😅
Escoita o 'Galicia por diante' en AGalegaAudio.gal ou todas as mañás na Radio Galega 📻️

16/09/2026

O experto de tres neuronas responde: como saber que o secrego de porco é segredo, se é secreto? 🤔
Escoita o 'A boas horas' todas as madrugadas na Radio Galega ou en AGalegaAudio.gal 📻️

16/09/2026

A anécdota de Riki e as primas con Lendoiro 😂

O exdianteiro do Dépor estivo en ⚽️

Podes escoitar o programa a partir das 22:00 de luns a xoves en:

📻 FM ou https://agalegaaudio.gal
📺 YouTube da Radio Galega

16/09/2026

Por petición popular dos oíntes rememoramos cando a Sabela se lle escapou un peito no medio dunha gala con Ana Kiro 😬
Podes escoitar o 'A boas horas' todas as madrugadas na Radio Galega ou en AGalegaAudio.gal 📻️

16/09/2026

No 'Faladoiro' de 'A crónica' abordouse a suba da inflación, situación que ten un grande impacto para sectores como o da pesca, ou o do transporte.
María Méndez entende que o Goberno ten que adoptar medidas para mitigar o encarecemento de alimentos e carburantes

Escoita o 'Faladoiro' da 'Crónica' todas as tardes na Radio Galega ou en AGalegaAudio.gal 📻

Xa estamos a mércores e con moitas ganas de pasar a madrugada na vosa compaña!Pepe Capelan RadioGalega, Noemí Martínez e...
15/09/2026

Xa estamos a mércores e con moitas ganas de pasar a madrugada na vosa compaña!

Pepe Capelan RadioGalega, Noemí Martínez e Marita Martínez van falar hoxe de viaxes! Por qué? Diredes vós...

Pois porque vén de abrirse o prazo para solicitar praza nas viaxes do IMSERSO para esta temporada!

E falando de viaxar… cal foi a vosa primeira viaxe? E a que máis vos gustou?

Quédavos algunha viaxe por facer? Cal é o voso destino soñado? Ou tedes algunha viaxe que repetides tódolos anos?

Tedes algunha anécdota divertida relacionada coas viaxes? Confundístesvos de data, de destino… ou ata de aeroporto!

Hai moitas viaxes que marcaron as nosas vidas: a viaxe de recén casados, ou as viaxes de fin de estudos!

Mellor viaxar en familia, sós, en parella ou en grupo? Que tipo de viaxeiros sodes?

Gústanvos as viaxes longas, ou preferides estas cortiñas de un día en autobús?

E como cada mércores... queremos que nos deixedes as vosas preguntas para o noso "experto" de tres neuronas! Que queredes saber que nunca vos atrevestes a preguntar? Hoxe é a noite para que poidades sabelo! Contádenos por teléfono, ou deixádenos un comentario no whatsapp ou nas nosas redes!

Tamén repasaremos momentos virais desta semana nas redes galegas! Coches nas praias, xabaríns nos campos de golf... o mundo está tolo!

E por suposto, un día máis volve o noso CONCURSO! Queredes gañar un bono dobre para o spa "Spasinho" de Outes? Pois tedes que dicirnos... CAL É O DESTINO DO IMSERSO PREFERIDO POLOS GALEGOS?

Pois pola nosa parte, xa está todo! Só nos faltades vós, así que xa sabedes! Chamade! Contádenos!

Para falar: 981540956 / 981540966
Para whatsapps: 687967147
Para o contestador: 981540997

15/09/2026

Hai quen se dedica a ocupar dúas ou tres prazas para aparcar o coche 💵🚘 Podes escoitar o programa cando queiras en AGalegaAudio.gal

15/09/2026

Marcos ten o radio de Tinder o máis lonxe posible, a ver se así funciona mellor 🤣
Escoita 'A bóla extra' do 'Galicia por diante' en AGalegaAudio.gal ou todas as mañás na Radio Galega 📻️

15/09/2026

Os protagonistas da Radio Galega xa están preparados para esta nova tempada📻 Non perdas todos os programas en directo e en AGalegaAudio.gal

15/09/2026

Coa IA estanse perdendo moitos costumes, antes a xente chegaba aos sitios sen utilizar Google maps e preguntándolle ao señor Manolo.... 🤣
Escoita 'A tarde' todas as tardes na Radio Galega ou en AGalegaAudio.gal 📻️

Dirección

San Marcos
Santiago De Compostela
15820

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Galega:

Compartir

Categoría