15/10/2026
Espazo Lectura, candidata ao Premio Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2027
Por proposta de GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Espazo Lectura entra na listaxe oficial de candidaturas ao premio dentro do apartado dedicado á promoción da lectura.
Unha oportunidade que dará proxección internacional a un proxecto que leva anos facendo dos libros un lugar de encontro. Desde Gondomar e o Val Miñor, Espazo Lectura construíu unha comunidade na que crianzas, mocidade e persoas adultas comparten historias, conversas e afectos arredor da .📕
O fallo do premio coñecerase o 6 de abril de 2027 no marco da Bologna Children's Book Fair
Espazo Lectura recibira o Premio Liber | Feria Internacional del Libro en 2024, outorgado pola Federación de Gremios de Editores de España por proposta da Asociación Galega de Editoras, na categoría á mellor iniciativa de fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público para poñer en valor o seu apoio permanente ao fomento da lectura a través dun conxunto de actividades nas que o libro sempre está presente.
Parabens! 👏
Listaxe oficial das candidaturas ao ALMA: https://alma.se/en/nomination/candidates/nominated-candidates-2027
📷 espazolectura.gal