Alvarellos Editora

Llamar Cómo llegar Página web

Alvarellos Editora Libros que Encantan. Desde Galicia. Editora independente con base en Santiago de Compostela. www.alvarelloseditora.gal

«Meu pai [ ] segue sendo unha voz presente entre moitas persoas, moita xente recoñece os seus poemas, a súa pegada. Polo...
20/10/2026

«Meu pai [ ] segue sendo unha voz presente entre moitas persoas, moita xente recoñece os seus poemas, a súa pegada. Polo seu estilo, por esa orfebrería que tiña coas palabras, é un deses exemplos da poesía como táboa de salvamento, como esa cousa que te axuda nos momentos difíciles, que sirve para expresar aquilo que non sabes expresar». .

Presentamos este luns na Alexandre Boveda da Coruña SEMENTE DE MENCER o volume que reúne todos os libros de poesía publicados en vida polo autor: 15 títulos, 450 poemas, 750 páxinas dun poeta único, monumental.

Toda a vida de Darío Xohán Cabana, en poemas nun só volume: “Segue sendo unha constante entre os galegos”

18/10/2026

Un encontro coa poesía de Darío Xohán Cabana

O vindeiro luns 19 de outubro, ás 20 h, recibimos a presentación de Semente de mencer, publicado por Alvarellos Editora: un volume monumental que reúne, por primeira vez, toda a obra poética editada en vida por Darío Xohán Cabana.

Acompañaranos Anxo Angueira, responsable da edición, estudo e notas; Alexandra Cabana e o editor Henrique Alvarellos, nun encontro arredor dun libro imprescindible para achegármonos á voz, á obra e ao universo literario dun dos grandes nomes da nosa poesía.

📖 Unha oportunidade única para descubrir -ou redescubrir- o legado poético dun autor fondamente comprometido coa lingua, coa cultura e coa identidade galegas.
Estades convidadas!

17/10/2026

Para todo el mercado español presentamos estos días el libro « y », del investigador andaluz Juan Carlos G. Polavieja.

Esta obra es todo un descubrimiento. Polavieja ha consagrado más de diez años de su vida a , el autor de la investigación más profunda y pionera sobre la vida y la muerte de Federico García Lorca, llevada a cabo en entre los años 1955 y 56, pero hoy desconocido para el gran público.

El resultado es esta obra sorprendente. Incluye más de 200 documentos y fotografías, buena parte de ellos inéditos o muy poco divulgados...

Ya podéis ir pidiéndolo en vuestras librerías. Haremos actos de presentación en , y . Avisaremos por aquí de las fechas.

+ info:
https://alvarelloseditora.gal/es/libro/agustin-penon-y-federico-garcia-lorca/

16/10/2026

Este verán localizamos os orixinais de «CUNETAS», os angustiosos, desgarradores poemas de denuncia contra as atrocidades da guerra de Franco, que escribiu en 1947.

Con eles diante, puidemos restaurar os poemas e elaborar esta , que hoxe chegou do prelo e que xa podedes encargar na vosa libraría habitual.

Nesta segunda edición reproducimos en a totalidade destes manuscritos, que conmoven especialmente, ao lelos tamén "en directo" na letra do propio autor lugués.

+ info
www.alvarelloseditora.gal

13/10/2026

Patricia Torrado Queiruga e recitan un dos poemas do libro . Na presentación que organizou este martes .

«Parece unha obra escrita por unha persoa palestina que vivira nas tendas de e pasara fame e perdera os seus fillos». Rawan Abdalah.

«A poesía ten que falar do tempo que.nos.toca vivir. nace das tripas, cando o corazón quedou xa destrozado». Patricia Torrado.

«Ana Belén Feijoó recupera cunha ollada crítica a figura da laureada poeta coruñesa, activista social e profesora ultrac...
12/10/2026

«Ana Belén Feijoó recupera cunha ollada crítica a figura da laureada poeta coruñesa, activista social e profesora ultraconservadora que empregaba o galego para escribir a principios do século XX.

»Da man de Alvarellos Editora, a investigadora vén de publicar «Dolores del Río: a palabra e a cruz», ensaio que tamén incorpora unha antoloxía de textos escritos pola autora entre 1896 e 1943».

+ info en www.alvarelloseditora.gal

Ana Belén Feijoó recupera cunha ollada crítica a figura da laureada poeta coruñesa, activista social e profesora ultraconservadora que empregaba o galego para escribir a principios do século XX

Concluíu a décima edición da «Semana do Libro de Compostela»,  , que organiza o Concello de Santiago Pazo de Raxoi, e qu...
12/10/2026

Concluíu a décima edición da «Semana do Libro de Compostela», , que organiza o Concello de Santiago Pazo de Raxoi, e que reuniu este ano a 16 selos editoriais da cidade, mais tamén librarías compostelás comprometidas co libro galego.

É unha —chamémoslle— Feira do Libro singular, especial, porque nos permite ás editoras independentes de Compostela, as que creamos os libros na Capital galega, mostrar o mellor dos nosos catálogos, un catálogo que, con moito esforzo, imos construído ano tras ano, título tras título.

A Selic consolídase na Quintana no comezo de outubro. A organización foi impecable.

Sodes moitas as persoas da cidade e de fóra que vos achegastes a mirar, a parolar... e a mercar, a esta praza dos Literarios que reconquistan os libros. A todas as que levastes un libro de Alvarellos Editora (ou de calquera outro posto) mil grazas, e ata a vindeira Selic!!

PD. E por terceiro ano, tivemos á sorte de contar co traballo sempre profesional e delicado de Sandra Villaverde á fronte da nosa caseta.

Dirección

Rúa De Sempre En Galiza, 4 (praza)
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

+34981522137

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Alvarellos Editora publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría