Radio Municipal de Tui

Radio Municipal de Tui Radio Municipal de Tui 107.4 FM
Área Panorámica - R/Colón 2 , Tui - Pontevedra
Telf. 986 60 37 47 | 986 60 70 55 | WhastApp 663 630 718

Emisora municipal dedicada á información local e comarcal
Emisión online: www.concellotui.org/php/radio.php

Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece t...
08/09/2026

Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos... Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS.

Así nolo contou hoxe María Lamas, de Dequip Tui, no noso Espazo Comercio, en colaboración con Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui.

🎙 https://go.ivoox.com/rf/180218822

A Eoi Tui ten aberto o prazo de inscrición até o 18 deste mes. En Tui, no instituto Indalecio Pérez Tizón, pódese estuda...
08/09/2026

A Eoi Tui ten aberto o prazo de inscrición até o 18 deste mes. En Tui, no instituto Indalecio Pérez Tizón, pódese estudar inglés, portugués, alemán e francés.

Hoxe coñecemos máis desta sección con Elena Espinosa, a súa xefa de estudos.

🎙 https://go.ivoox.com/rf/180189004

        📅 Estas son as citas que temos hoxe martes en  .
08/09/2026



📅 Estas son as citas que temos hoxe martes en .

Estas son as principais novas que hoxe luns, 7 de setembro de 2026, recollemos en Noticias 13.30 h:- O avance nas obras ...
07/09/2026

Estas son as principais novas que hoxe luns, 7 de setembro de 2026, recollemos en Noticias 13.30 h:
- O avance nas obras da rúa Coruña conleva cambios no acceso ao conxunto histórico dende Porta da Pía a partir de mañá martes ás 8 h
- O Mercado de San Antonio loce dende o pasado xoves o selo de Mercado Excelente
- O Concello de Tui destina 43 mil euros a subvencións para asociacións musicais e bandas de gaitas. Poden solicitarse até o venres 18 de setembro
- 2.165 alumnos e alumnas iniciarán o novo curso escolar en Tui segundo a estimación provisional da Consellería de Educación
- Hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingo conferencia de Suso Vila dentro da programación do Setembro Xudeu
- Randufe celebra hoxe e mañá festas na honra á Virxe da Guía
- Deportes

🎙https://go.ivoox.com/rf/180135407

Suso Vila , doutor en Historia da Arte, ofrecerá hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingos unha conferencia dentro da progr...
07/09/2026

Suso Vila , doutor en Historia da Arte, ofrecerá hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingos unha conferencia dentro da programación do Setembro Xudeu. Será baixo o título "Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño". Con el falamos esta mañá desta conferencia, dos datos concretos de Tui, e da igrexa de San Domingos.

🎙https://go.ivoox.com/rf/180131882

O Judo Club Tudense iniciará a nova temporada 2026/2027 a partir do próximo luns 14 de setembro. O club realizará as cla...
07/09/2026

O Judo Club Tudense iniciará a nova temporada 2026/2027 a partir do próximo luns 14 de setembro. O club realizará as clases os luns e mércores dende os 4 anos, en distintos grupos en función da idade. Os venres tamén haberá os adestramentos para os adultos. Tamén darán a coñecer esta práctica deportiva en distintos centros educativos tudenses neste inicio do curso.

Así nolo contou Rubén Morais do Judo Club Tudense

🎙https://go.ivoox.com/rf/180131224

As festas na honra á Virxe da Guían en Randufe e a programación do Setembro Xudeu cunha conferencia de Suso Vila forman ...
07/09/2026

As festas na honra á Virxe da Guían en Randufe e a programación do Setembro Xudeu cunha conferencia de Suso Vila forman parte hoxe da nosa .

A gastronomía é protagonista en Concello de Salceda de Caselas coa ###II Festa dos Callos, que se celebra esta fin de se...
04/09/2026

A gastronomía é protagonista en Concello de Salceda de Caselas coa ###II Festa dos Callos, que se celebra esta fin de semana con diversas actividades. 20.000 serán as racións que se van a servir este domingo, tal e coma destacaba hoxe a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira.

🎙 https://go.ivoox.com/rf/180025436

Este sábado e domingo celébrase en Tui o Campionato de España de Radiocontrol térmico organizado pola  Real Federación E...
04/09/2026

Este sábado e domingo celébrase en Tui o Campionato de España de Radiocontrol térmico organizado pola Real Federación Española de Motonáutica , por oitavo ano en Tui.

O tudense Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM, deu os detalles de participación, os horarios, e o espectacular das probas que se poderán ver dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Participan pilotos de toda España. Tamén se referiu a escola de pilotos, na que está o tudense Alberto Estévez.

🎙https://go.ivoox.com/rf/180022874

Oito deportistas do Club Remo Miño participan dende o 9 ao 13 de setembro no Campionato Mundial de Remo masters, en Eslo...
04/09/2026

Oito deportistas do Club Remo Miño participan dende o 9 ao 13 de setembro no Campionato Mundial de Remo masters, en Eslovenia. Un deles é o remeiro tudense Manuel Villaverde, que competirá en diferentes modalidades, tal e coma hoxe explicou na Radio Municipal de Tui.

🎙https://go.ivoox.com/rf/180022832

Dirección

Túy
36700

Teléfono

+34986603747

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Municipal de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Municipal de Tui:

Compartir