18/07/2020
⚫ GALICIA - MODIFICACIÓNS NAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN🚶😷 Sábado 18 de Xullo de 2020 - OBRIGATORIEDADE O USO DE MASCARILLA (Obriga xeral, regras específicas, condicións do uso da máscara, excepcións, recomendación...) As modificacións introducidas terán efectos desde o día seguinte á data de publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.
🔵RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria.
🟢O USO DE MÁSCARA 🚶😷
O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3.”
Dous. Modifícase o número 1.3 do anexo, que queda coa seguinte redacción:
“1.3. Obrigatoriedade do uso de máscaras.
➖a) Obriga xeral🚶😷
Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Así mesmo, de conformidade co artigo 6.1.b) do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso de máscara nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.
➖➖➖➖➖➖
➖b) Regras específicas🚶😷
🟣1ª) Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas.
🟣2ª) No caso de colectivos artísticos que desenvolvan actos e espectáculos culturais, aplicaranse as regras específicas do número 2.9 e, respecto da produción e rodaxe de obras audiovisuais, aplicaranse as medidas previstas no número 2.10.
🟣3ª) No caso dos coros e agrupacións vocais de canto, das orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, da celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares e da actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza, observarase o indicado especificamente nas medidas recollidas nos números 2.11, 2.12, 3.33 e 3.41, respectivamente.
🟣4ª) Nos centros docentes observarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no correspondente protocolo.
➖➖➖➖➖➖
➖c) Condicións de uso da máscara.
Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada.
➖➖➖➖➖➖
➖d) Excepcións á obriga de uso da máscara.
A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:
🟣1º) Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
🟣2º) Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
🟣3º) Nas praias e piscinas, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas.
🟣4º) Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente no momento específico do consumo.
🟣5º) No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no cuarto.
🟣6º) Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no interior dos camarotes, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no camarote.
🟣7º) No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento da distancia de dous metros con outras persoas non conviventes.
🟣8º) No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos, sempre que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal en todo momento, exclusivamente durante a realización das ditas actividades e tendo en conta o protocolo publicado para a dita instalación.
🟣9º) En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.
➖➖➖➖➖➖
➖e) Recomendación.
Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, aínda que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.”
➖➖➖➖➖➖
🟢Consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e outros lugares de tránsito público. BOTELLÓN
Sen prexuízo das prohibicións específicas que, de ser o caso, recollan as correspondentes ordenanzas municipais, queda expresamente prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como “botellón”, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal.
A Administración local correspondente deberá adoptar as medidas oportunas para impedir a existencia de aglomeracións de persoas con esta finalidade.
Esta prohibición non será aplicable no caso de consumo en terrazas ou con ocasión de festas e verbenas populares ou de actividades ou eventos que conten co título habilitante que sexa preciso en cada caso, debendo garantirse as medidas de prevención recollidas neste acordo e as que poidan adoptar as autoridades sanitarias competentes que resulten de aplicación.
🟢ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN OU CLASES GRUPAIS
As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de vinte e cinco persoas. Deberase respectar a distancia de seguridade interpersoal entre as persoas que asistan á actividade e entre estas e o animador ou adestrador ou, na súa falta, utilizar medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3. As actividades de animación ou clases grupais realizaranse preferentemente ao aire libre e procurarase evitar o intercambio de material.
🟢EVENTOS DEPORTIVOS 🚶
Vinte e tres. O número 3.22.2 do anexo queda coa seguinte redacción:
“2. Os organizadores de eventos deportivos deberán contar cun protocolo específico no ámbito do COVID-19, que será trasladado á autoridade competente e que deberá ser comunicado aos seus participantes. Deberán incluírse no dito protocolo as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal con e entre os espectadores ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3.”
🟢ACTIVIDADE CINEXÉTICA 🚶🌿🍃
Vinte e catro. O número 3.25.1 do anexo queda redactado como segue:
“1. Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, se utilicen medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3."
🟢PESCA FLUVIAL E MARÍTIMA, DEPORTIVA E RECREATIVA 🚶🌿🍃
Vinte e cinco. O número 3.26.1 do anexo queda coa seguinte redacción:
“1. Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, se utilicen medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3.”
🟢ACTIVIDADES DE TURISMO ACTIVO E DE NATUREZA🚶🌿🍃
Vinte e seis. O número 3.27.2 do anexo queda redactado como segue:
“2. Poderán realizarse actividades de turismo activo e de natureza, organizadas por empresas habilitadas como empresas de turismo activo, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3.”
Diario Oficial de Galicia