A Tribuna Pazos de Borbén

A Tribuna Pazos de Borbén A Tribuna 📰é o diario que pretende informarlle de todas as publicacións💬 de Pazos🌳⛰️.Non o perdas⬇

📰 𝐎 𝐩𝐨𝐥í𝐠𝐨𝐧𝐨 𝐢𝐧𝐝𝐮𝐬𝐭𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐀𝐦𝐨𝐞𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐏𝐚𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐁𝐨𝐫𝐛é𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐛𝐥𝐨𝐪𝐮é𝐚𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐬𝐞𝐭𝐞 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧O Concello de Pazos de B...
12/07/2025

📰 𝐎 𝐩𝐨𝐥í𝐠𝐨𝐧𝐨 𝐢𝐧𝐝𝐮𝐬𝐭𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐀𝐦𝐨𝐞𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐏𝐚𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐁𝐨𝐫𝐛é𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐛𝐥𝐨𝐪𝐮é𝐚𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐬𝐞𝐭𝐞 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧

O Concello de Pazos de Borbén dá un paso decisivo cara ao desenvolvemento económico local coa reactivación do polígono industrial de Amoedo. Segundo recolle a prensa, o alcalde Luciano Otero remitiu á Xunta toda a documentación necesaria para obter a aprobación definitiva do proxecto, permitindo así a concesión de licenzas e o inicio das obras de urbanización.

Este avance pon fin a unha situación de bloqueo que se arrastraba desde 2017, cando a Xunta emitiu un requerimento técnico que non foi atendido polo anterior goberno municipal. O actual executivo, liderado por Alternativa Veciñal, considera esta tramitación como unha prioridade para regularizar a zona e facilitar a implantación de empresas.

📈 A medida permitirá dotar ao polígono dos servizos básicos e ofrecer seguridade xurídica ás empresas xa instaladas, favorecendo a creación de emprego e o impulso da actividade empresarial no municipio.

💬 Que opinas sobre este desbloqueo? Cres que marcará un antes e un despois para Pazos de Borbén? Comparte a túa visión nos comentarios e participa no debate local.

🤔𝐐𝐮𝐞 𝐏𝐞𝐧𝐬𝐚𝐝𝐞𝐬?

📚✨ 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐧𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐫𝐦𝐞 𝐝𝐞 𝐍𝐞𝐬𝐩𝐞𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚!𝐄𝐬𝐭𝐞 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨, á𝐬 𝟏𝟗:𝟎𝟎 𝐡, 𝐚 Á𝐫𝐞𝐚 𝐑𝐞𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐨 𝐓𝐨𝐫...
12/07/2025

📚✨ 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐧𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐫𝐦𝐞 𝐝𝐞 𝐍𝐞𝐬𝐩𝐞𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚!

𝐄𝐬𝐭𝐞 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨, á𝐬 𝟏𝟗:𝟎𝟎 𝐡, 𝐚 Á𝐫𝐞𝐚 𝐑𝐞𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐨 𝐓𝐨𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐍𝐞𝐬𝐩𝐞𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐚𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞𝐫á 𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 “𝐂𝐀𝐍𝐓𝐀𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒: Poesía popular nas Letras Galegas”, unha actividade gratuíta organizada por BiblioPazos e patrocinada pola Deputación de Pontevedra.

Contacontos "CANTAREIRAS. Poesía polular das Letras Galegas" na Área Recreativa do Torreiro de Festas de Nespereira

Desde a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do Concello de Pazos de Borbén continuamos organizando actividades para este verán.

A próxima será o Contacontos "CANTAREIRAS: Poesía popular nas Letras Galegas", que nos traerán Quique Mauricio e Carlos Taboada do colectivo Polo correo do vento o proximo Domingo 13 de Xullo a partir das 19:00 horas na Área Recreativa do Torreiro de Festas de Nespereira.

A función está patrocinada pola Deputación Pontevedra que ofrece de balde aos concellos da provincia esta actividade co fin de divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a conservación e difusión da lingua galega.

Nela, percorrerase a biografía destas mulleres (personificadas nalgunhas figuras como as de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica) dun xeito ameno e participativo.

Tamén interpretarán as pezas que cantaban estas mulleres, ademais de pezas propias de cada unha das localidades onde se desenvolvan as accións, e o contaconto rematará cun obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas terán que realizar unha caricatura dunha pandeireteira.

Convidamos a todas as nenas e nenos a que asistan acompañados das súas nais, pais, avoas, avós... a esta sesión dominical que se realizará no entorno incomparable do Torreiro de Festas de Nespereira durante a celebración das Festas do Carme e como complemento ás actividades organizadas pola Comisión de Festas.

Aconséllase aos interesados que queiran participar nesta actividade a que leven lápices ou ceras de cores e un folio en branco por cada persoa.

EN BIBLIOPAZOS, A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

 // 𝟏𝟐, 𝟏𝟑 𝐞 𝟏𝟔 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎 𝐞𝐧 𝐍𝐄𝐒𝐏𝐄𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀, 𝐧𝐚 𝐡𝐨𝐧𝐫𝐚 𝐚 𝐕𝐢𝐫𝐱𝐞 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐫𝐦𝐞Organizada pola Comisión de Festas de Nespereira, esta edi...
12/07/2025

// 𝟏𝟐, 𝟏𝟑 𝐞 𝟏𝟔 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎 𝐞𝐧 𝐍𝐄𝐒𝐏𝐄𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀, 𝐧𝐚 𝐡𝐨𝐧𝐫𝐚 𝐚 𝐕𝐢𝐫𝐱𝐞 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐫𝐦𝐞

Organizada pola Comisión de Festas de Nespereira, esta edición de 2025 chega cargada de actividades para todos os públicos, contando cunha gran sardiñada e animación infantil.

Esta festa é moito máis ca música e tradición —é o reflexo da identidade dun pobo que, ano tras ano, mantén vivo o seu legado. Nespereira agarda con ilusión, e ti... vas faltar?

🔽 Aquí o cartel da festa🔽
-Ghalleiros

🌍🔋 Xornadas sobre comunidades enerxéticas en Pazos de Borbén! 🔋🌍Organiza a 1º Xornada sobre comunidades enerxéticas no m...
12/05/2025

🌍🔋 Xornadas sobre comunidades enerxéticas en Pazos de Borbén! 🔋🌍

Organiza a 1º Xornada sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transfromación Comunitaria, presentan este servicio para fomentar e impulsar a creación e o desarrollo de comunidades enerxeticas en todas as comarcas.

📢 Coñece como impulsar o futuro sostible ! 💡🏡 A Deputación de Pontevedra organiza novas xornadas informativas sobre comunidades enerxéticas. Descubre como funcionan, o papel das administracións e os servizos dispoñibles! 🚀

📅 Cando? 📍 Xoves 15 de maio 🕕 18:00 - Sala de Cultura (Mondariz-Balneario) 🕗 20:00 - Casa Cultural (Pazos de Borbén)

🔎 Aprende como estas comunidades fomentan a autosuficiencia enerxética e axudan a reducir custos! 💰⚡

Desde +Renovables a Deputación acompaña aquelas entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética, realízanse informes previos de cara á implantación das comunidades enerxéticas que inclúen a análise da capacidade produtiva de enerxía, estudos económicos

💬 Non quedes fóra da transición enerxética! Comparte e infórmate! 🔄✨

📰 O PP "Quixemos coñecer de primeira man e dar o noso apoio todo o que sexa preciso"📍 Esta semana, os técnicos da Deputa...
11/05/2025

📰 O PP "Quixemos coñecer de primeira man e dar o noso apoio todo o que sexa preciso"

📍 Esta semana, os técnicos da Deputación de Pontevedra estiveron en Nespereira para o levantamento das actas previas á ocupación de bens, un paso moi agardado por todas e todos despois de tanto tempo, para seguir avanzando na mellora da estrada EP-2702. 🚧✨

🔹 O Partido Popular destaca o compromiso da Deputación con este proxecto e reafirma o seu apoio para que a actuación se leve a cabo con éxito.
🔹A colaboración cidadá foi clave neste proceso, asegurando que se cumpran todos os requisitos necesarios para a obra. 👏

11/05/2025
08/05/2025
06/05/2025

Empeza a conta atrás…🐥🐣🍳⏳

“Este ano contamos coa andaina do ovo, organizada polo Concello de Pazos de Borbén, para anotarse enviar mail [email protected]

06/05/2025

📣📣 AVISO IMPORTANTE 📣📣

Informamos a toda a veciñanza 🧓👩‍🦱👨‍🦰👵 que a Deputación está a levantar as actas de expropiación da estrada EP-2702 🚧, un paso moi agardado por todas e todos despois de tanto tempo! 🙌

Dende o Concello solicitamos que este proceso se leve a cabo na Casa Cultural de Nespereira 🏠, por ser un lugar máis próximo e cómodo para os veciños e veciñas da zona ✅.

🔔 Así que lembrade: as persoas que teñades que acudir estes días para xestionar a expropiación, tedes que desprazarvos á Cultural de Nespereira 🗓️📍

💪 Estes primeiros avances chegan grazas ao traballo constante da plataforma veciñal 🧑‍🤝‍🧑, que sempre contou co apoio do noso alcalde Luciano Otero 🤝, firme defensor das vosas demandas.

⚠️ Con todo, seguimos sen ter noticias sobre como pensa a Deputación afrontar as seguintes fases da obra, algo que segue preocupando ao noso alcalde 😠, quen continuará a reclamar que se nos informe e se execute todo o proxecto canto antes 🛣️⏳

Seguimos traballando por un Pazos mellor para todas e todos 💚

💪

O Concello de Pazos de Borbén celebrará a presentación do libro "Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso” 📖👵👵📢 Veciñas e vec...
03/05/2025

O Concello de Pazos de Borbén celebrará a presentación do libro "Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso” 📖👵👵

📢 Veciñas e veciños, temos unha cita especial coas nosas raíces e cultura! O vindeiro 📅17 de maio ás 19:00h, na 📍Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso, celebrarase a presentación do libro, unha obra que honra a dúas mulleres que mantiveron viva a tradición musical galega durante décadas.

Dende o concello afirman "Aida e Rosa son parte da nosa historia e agora tamén protagonistas dun libro que recolle a súa arte e sabedoría "

Contaremos coa visita de:

🎤 Luis Preciado Gonzalez
🎼Manuel Díez Pernía (Manu Mediaoreja) (transcripción musical)
📸 Felix Blume (fotografia)

🔴Organiza :
- Concello de Pazos de Borbén
- Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso 🤝
Vén celebrar o Día das Letras Galegas 📚💙entre pandeiretas 🥁, sorrisos 😄, recordos 🧡 e moita emoción 🥰

Non faltes!! 🙌🎉 Compartide 📲 e vide todas e todos!! 💃🕺

🤔Que pensades?
Xabier Díaz Moscoso Acv Concello de Pazos de Borbén

Dirección

Verín

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Tribuna Pazos de Borbén publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir