Xornal VIGO

Xornal VIGO XORNAL DE NOTICIAS OFICIAL DO CONCELLO DE VIGO

25/01/2017
20/01/2017
A Concellería de Cultura presenta a programación municipal de artes escénicas "Vigocultura" que se desenvolverá no Audit...
20/01/2017

A Concellería de Cultura presenta a programación municipal de artes escénicas "Vigocultura" que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei,1) dende o venres 3 de febreiro ao domingo 30 de abril, ambos inclusive. Tralo éxito acadado no 2016 en canto ás cifras de asistencia, vólvese a apostar para o ano 2017, dentro das liñas de programación que veñen sendo habituais, por incluír espectáculos con novas linguaxes e formatos escénicos nunca vistos até o momento na programación do auditorio.

No ano 2016, a programación "Vigocultura" tivo un total de 9.000 espectadores, sendo os espectáculos mellor valorados polos espectadores o Monólogo do im***il, da compañía Eme2 Emocion&Arte, Kepa Junkera&Sorginac en concerto e The Funamviolistas, no que respecta a público adulto, e Chíos, espectáculo para bebés da compañía Teatro da Semente, Chefs, da compañía Yllana, e Invención, do grupo Odaiko, en canto ao público familiar.

A programación para este semestre, composta por espectáculos de rúa, música, monicreques, teatro, comedia, danza, teatro de máscara e circo, comezará co espectáculo de rúa "Fitness", de Ibuprofeno Teatro, o venres 27 de xaneiro ás 18:00 h cunha aloucada e frenética muller adicta ao fitness, que desde a praza da Princesa até a farola de Urzáiz, dará unha clase colectiva de "ximnasia" presentando a programación de "Vigocultura" aos viandantes.

O venres seguinte, día 3 de febreiro, comezará a programación no Auditorio Municipal do Concello coa actuación de Radio Cos, o grupo de Xurxo Fernández e Quique Peón, que presentarán o seu novo disco "Pasatempo". O venres 10 de febreiro, a compañía viguesa Artello Teatro presentará na súa cidade o espectáculo "Non toques os meus círculos", espectáculo que obtivo a Mención de honra á posta en escena na Final de Ciencia en Acción 2016.

Compañías como Chévere, ButacaZero, Teatro de Ningures (conmemorando o Día Internacional da Muller), Voadora, Ilmaquinario, Kulunka Teatro, a compañía arxentina Criolla, Ibuprofeno (coa obra O Furancho, Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor e Premio Fetega ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz con Isabel Risco), Excéntricas (conmemorando o Día Internacional do Libro, co primeiro espectáculo de Valle-Inclán traducido ao galego da historia, A cabeza do Dragón, e dirixida por Quico Cadaval, que tamén está no elenco), e Traspediante e Pistacatro (Día Internacional da Danza), completan a programación adicada ao público adulto, que terá lugar os venres ás 21:00 h.

En canto á programación para toda a familia, que se desenvolverá os domingos ás 12:00 h, comezaremos con música con "A Nena Que Quería Navegar", de Redrum Teatro; completan a programación as compañías Expresión Produccións, Galitoon (espectáculo coa técnica da luz negra), Farrés Brothers&Cia (viaxe en globo “estático”, Premio Feten 2016), Limiar Teatro, Las Tricotouses (danza), Avoayouja (espectáculo para os máis pequeniños), Ghazafelhos, La Canica (conmemorando o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil, Premio Feten 2016 ao mellor Espectáculo de Títeres), Perez&Fernandez (espectáculo infantil revelación no ano 2016 no panorama do teatro galego), Artestudio (conmemorando o Día Internacional do Libro, merecida homenaxe a Agustín Fernández Paz) e Otradanza.

En resumo, neste semestre haberá un total de 24 grupos e compañías programadas, con 25 espectáculos diferentes e 29 funcións.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Así, os prezos das entradas para os espectáculos para adultos son de 5 e 8 €, dependendo dos cachés das compañías e grupos, e os dirixidos a público familiar de 3 e 5 €, polo mesmo criterio.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a partir de hoxe (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes), a través da páxina web de Ticketea, no teléfono 902.044.226, na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), ou o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio, a partir dunha hora antes do comezo (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Os abonos para a programación deste periodo pódense combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5 ou 10 espectáculos, con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

A Concellería de Cultura presenta o programa "VIGO SINFÓNICO 2017" da Orquestra VIGO 430, unha completa programación cun...
19/01/2017

A Concellería de Cultura presenta o programa "VIGO SINFÓNICO 2017" da Orquestra VIGO 430, unha completa programación cunha liña de continuo crecemento en todos os aspectos do seu proxecto orquestral, e que unha vez máis conta coa colaboración municipal.

A programación estará repleta de atractivos títulos e excepcionais solistas, así como dos directores titulares habituais da orquestra: Vicent Alberola (Orquestra Sinfónica VIGO 430), Alfonso Sebastián (Orquestra Barroca VIGO 430) e Roberto Baltar (Orquestra Xove VIGO 430).

A estrea da temporada terá tinguiduras jazzísticas xa que contará con Paquito de Rivera, gañador de 7 premios Grammy, interpretando o seu propio concerto “Cape Cod” xunto ao recoñecido pianista Pepe Rivero; ao programa engadiranse títulos tan suxestivos como a “Obertura cubana”, “Un americano en París” de Gershwin, e o “Danzón” de Márquez, para completar un programa que se presume inesquecible. O concerto terá lugar o domingo 22 de xaneiro, ás 19:00 h, no Auditorio "Mar de Vigo".

No mes de febreiro (día 24) interpretarán, xunto ao Coro de Cámara "Rías Baixas", a Misa da Coroación de Mozart, xunto cun gran elenco de cantantes galegos como Mariña P***s, María Rivera, Pablo Carballido e Pedro Martínez. Tamén poderemos desfrutar do virtuosismo de Paco Varoch no concerto para frautín “Il Gardellino” de Vivaldi.

O martes 28 de febreiro e o mércores 1 de marzo chegará un novo concerto da Orquestra Xove. Despois da sorprendente calidade obtida por estes novos valores no anterior encontro do pasado mes de novembro, esta vez fano acompañados dunha extraordinaria violinista: a novísima Inés Issel, dúas veces gañadora do concurso "Cidade de Vigo", que interpretará “Aires xitanos” de Sarasate. O programa completarase cos “Cadros dunha exposición”, obra composta orixinalmente para piano por Modest Mussorgsky, pero que foi maxistralmente orquestrada por Maurice Ravel.

Xa no mes de marzo (día 18), a VIGO 430 ofrecerá outro dos pratos principais da súa temporada: o concerto con Anna Fedorova, unha das pianistas máis destacadas da súa xeración. Interpretará o soado concerto Nº2 de Rachmaninov e a marabillosa 4ª sinfonía de Brahms. Así mesmo, o día 26 contarase de novo coa violinista moldava Rusanda Panfili, que regresa por segundo ano consecutivo aos escenarios vigueses, pero este ano integrarase como protagonista no Ensemble Vigo 430. A formación de cámara tocará pezas de Grieg, Haydn e Dvoràk.

No mes de abril teremos a Orquestra Barroca, que contará nesta ocasión como solistas cos renombrados especialistas Sara Ruiz (Viola de Gamba) e Guillermo Peñalver (Frauta). Interpretarán un programa integramente dedicado a Georg Philipp Telemann, no 250 aniversario do seu pasamento. A finais dese mesmo mes, a Orquestra Sinfónica contará co excepcional violinista francés David Grimal, que nos traerá a súa versión do concerto de Sibelius, nun programa no que ademais escoitaremos música contemporánea do compositor vigués Juan Eiras coa súa obra “Old Sailor´s room” e do ruso Rimsky-Korsakov, co seu colorista “Sheherezade”.

“VIGO SINFÓNICO 2017” chegará á súa fin para mediados de maio (día 14), cun concerto no que terá como convidado a Guillermo Pastrana, un dos mellores violoncellistas españois, que interpretará o concerto de Schumann nun programa que se completará coa “sinfonía Escocesa” de Mendelssohn e a suxestiva “Fratres” de Arvo Pärt.

As entradas para os concertos e os abonos están a disposición do público no servizo Ticketea e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26)

Vigo, preparándose para FITUR'17
17/01/2017

Vigo, preparándose para FITUR'17

Vigo, la mayor ciudad de Galicia en el corazón de las Rías Baixas es la capital del Atlántico en lo que a gastronomía y productos del mar se refiere. Es el m...

ACHÉGATE AO GALEGO, NIVEL 1O pasado ano, entre outubro e novembro, realizamos un curso de achegamento á lingua galega, d...
17/01/2017

ACHÉGATE AO GALEGO, NIVEL 1

O pasado ano, entre outubro e novembro, realizamos un curso de achegamento á lingua galega, dirixido a quen non tiña coñecementos ou tiña mínimos coñecementos da nosa lingua.

Rematao o curso, e ante o éxito deste, volvemos programar novas accións formativas na lingua de noso.

Comezamos neste vindeiro mes de febreiro (día 6) cun novo curso de achegamento á nosa lingua mais que é xa unha continuación do anterior (viría equivaler a un CELGA 1). Cunha dinámica lúdica e participativa preténdese coñecer a lingua, ser quen de ler, escribir, coñecer recursos e... falar en galego.

En horario de 18.30 a 20.30, luns e martes, no Centro Local de Emprego e das Ocupacións (rúa Areal, entrada pola rúa O Porto) terá lugar este curso entre os meses de febreiro a abril.
O curso é de balde.

Ao rematar este curso realizaremos un novo curso de lingua para se achegar e iniciar co e no galego.

Máis información en snl.vigo.org.

Este vindeiro martes 17 de xaneiro, ás 12:00 h, terá lugar no Museo "Quiñones de Léon" de Castrelos a inauguración da ex...
16/01/2017

Este vindeiro martes 17 de xaneiro, ás 12:00 h, terá lugar no Museo "Quiñones de Léon" de Castrelos a inauguración da exposición "Divino Profano. Cultos, imaxes e significados", promovida pola Concellería de Cultura.

O obxectivo da mostra é amosar como a arte pretende transmitir sentimentos, ideas e, sobre todo, valores ao espectador, e é capaz, nesa función comunicativa, de suscitar respostas emotivas. Dende os comezos da creación artística, a arte reflicte un modo de entender o mundo que nos rodea, adquirindo a súa vez un compoñente estético, unha función social ou soamente ornamental. Tanto nos seus aspectos estéticos ou ornamentais, a arte ten unha función comunicativa inherente; transmite mensaxes que lle son coñecidos a quen a contempla, independentemente do espazo e do tempo.

Esta exposición presentan unha serie de imaxes que naceron pola existencia dun culto que as motivou e, ao mesmo tempo, orixinaron unha devoción en quen as contemplou. Diferénciase nestes cultos, os divinos e profanos, e como se conxugan en moitos casos nunha mesma obra de arte.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de xaneiro de 2018.

16/01/2017
13/01/2017

Reencanto Produccións, en colaboración co Concello de Vigo, o Instituto Camoes e o Marco de Vigo abre o prazo de presentación de pezas ao certame Primavera do Cine Como novidade, este ano o festival contará cun xurado de carácter internacional e cun novo galardón dedicado ao xénero da animación A se...

12/01/2017
concerto de Airas Ensemble o  sábado, 14 de xaneiro, 19.00h Fundación LaxeiroEntrada gratuíta ata completar aforo
11/01/2017

concerto de Airas Ensemble o sábado, 14 de xaneiro, 19.00h Fundación Laxeiro
Entrada gratuíta ata completar aforo

11/01/2017

Esta fin de semana (domingo 15, 10:30 horas) comeza a segunda edición do Circuíto Concello de Vigo de atletismo en pista. En Balaídos, co patrocinio da Concellería de Deportes e a organización da Agrupación Viguesa de Atletismo, os atletas de toda Galicia teñen unha cita coas probas en pista.

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Atopará máis información na nosa Política de Cookies

Dirección

Vigo
36202

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xornal VIGO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Xornal VIGO:

Compartir