Falamos de Libros

Falamos de Libros Páxina en Facebook da Editorial Galaxia.
(1)

«Mitos e lendas da vella Grecia é unha boa entrada ao universo da mitoloxía grega. É claro que é unha obra pensada para ...
05/08/2026

«Mitos e lendas da vella Grecia é unha boa entrada ao universo da mitoloxía grega. É claro que é unha obra pensada para crianzas».

Así recomenda Susana Sánchez Arins este clásico de Anisia Miranda, traducido por Xosé Neira Vilas, nas páxinas de Nós Diario.

Galaxia reuniu 25.000 persoas nas súas iniciativas
05/08/2026

Galaxia reuniu 25.000 persoas nas súas iniciativas

Seguimos na Feira do Libro da Coruña ata o 10 de agosto. Botade unha ollada a toda a programación!
05/08/2026

Seguimos na Feira do Libro da Coruña ata o 10 de agosto. Botade unha ollada a toda a programación!

Do 1 ao 10 de agosto, Editorial Galaxia participará na Feira do Libro da Coruña cunha ampla programación de preto de trinta actividades nos Xardíns de Méndez Núñez. Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro da Coruña cunha ampla programación que reunirá, do 1 ao 10 de agosto, al...

📚 Máis de 25.000 persoas participaron nas actividades de Editorial Galaxia durante o primeiro semestre de 2026.Entre xan...
05/08/2026

📚 Máis de 25.000 persoas participaron nas actividades de Editorial Galaxia durante o primeiro semestre de 2026.

Entre xaneiro e xuño desenvolvemos máis de 350 propostas culturais e educativas por toda Galicia: presentacións de libros, encontros con autoras e autores, exposicións, funcións, feiras do libro, premios e actividades en centros de ensino.

Durante estes meses tamén celebramos iniciativas arredor de Begoña Caamaño e Ramón Otero Pedrayo, presentamos preto de 50 títulos e acompañamos os recoñecementos acadados por varias obras do noso catálogo.

O semestre deixou, ademais, tres fitos importantes para a editorial: os nomeamentos de Marcos Calveiro como director e de Tamara Andrés como directora de edicións, e o traslado das nosas oficinas á nova sede da Travesía de Vigo, 71.

Grazas a todas as persoas, autorías, librarías, centros educativos, entidades e profesionais que fixeron posible esta programación.

🔗 Consulta o balance completo na nosa web: editorialgalaxia.gal

Durante o primeiro semestre de 2026 máis de 25.000 persoas participan nas actividades de Editorial Galaxia
05/08/2026

Durante o primeiro semestre de 2026 máis de 25.000 persoas participan nas actividades de Editorial Galaxia

Os nomeamentos de Marcos Calveiro, como director, e de Tamara Andrés, como directora de edicións, e o traslado das oficinas á sede da rúa Travesía de Vigo, foron tres fitos a salientar neste periodo de xaneiro a xuño de 2026. Presentacións, actividades en centros de ensino, funcións de letra...

Antonio García Teijeiro: "Ninguén pode esquecer a traxectoria auténtica dun autor que fixo da emigración, do campesiñado...
04/08/2026

Antonio García Teijeiro: "Ninguén pode esquecer a traxectoria auténtica dun autor que fixo da emigración, do campesiñado galego e dos nenos pobres o eixe da súa literatura. Miro máis aló da fiestra e creo distinguir un neno que debuxa un tenro sorriso. Supoño que é Balbino, o protagonista das célebres 'Memorias dun neno labrego', quen sorrí" Faro de Vigo

"Do baile da gaita á muiñeira", de Julio Alonso, é un poemario de referencia no estudo da etnomusicoloxía.
04/08/2026

"Do baile da gaita á muiñeira", de Julio Alonso, é un poemario de referencia no estudo da etnomusicoloxía.

Vicente Araguas: "Un obituario cheo de sentimento, ben que embridado polo seu autor, un home que xoga ben xogadas as car...
04/08/2026

Vicente Araguas: "Un obituario cheo de sentimento, ben que embridado polo seu autor, un home que xoga ben xogadas as cartas e dosifica, cun certo distanciamento, as súas emocións"

Manuel Fernández Blanco analiza os malestares de hoxe en «O amor, o odio e a ignorancia» La Voz de Galicia
04/08/2026

Manuel Fernández Blanco analiza os malestares de hoxe en «O amor, o odio e a ignorancia» La Voz de Galicia

O psicanalista presentou nos xardíns de Méndez Núñez un ensaio poliédrico nado dunha proposta de Carlos Callón e conducido polas tres grandes paixóns lacanianas

Dirección

Vigo
36204

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Falamos de Libros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Falamos de Libros:

Atajos

Compartir

Categoría