CANAL Arousa

CANAL Arousa Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CANAL Arousa, Medio de comunicación/noticias, Villagarcía de Arosa.

� CANAL AROUSA,
unha Canle de Comunicación, áxil e dinámica onde a información será o mais visual posible mediante Vídeos e fotografías.
�Advertimos que non se admitirán textos con contidos ou descalificacións a personas.

🔴 🐦 𝑶 𝑩𝑵𝑮 𝑫𝑬𝑵𝑼𝑵𝑪𝑰𝑨 𝑶 𝑨𝑩𝑨𝑵𝑫𝑶 𝑫𝑨 𝑪𝑶𝑳𝑬𝑪𝑪𝑰Ó𝑵 𝑫𝑬 𝑵𝑰Ñ𝑶𝑺 𝑫𝑶 𝑷𝑹𝑶𝑭𝑬 𝑯𝑬𝑹𝑴𝑰𝑫𝑨 𝑬𝑵 𝑺𝑨𝑵𝑿𝑬𝑵𝑿𝑶🔴 O BNG Sanxenxo denuncia o 𝒂𝒃𝒂𝒏𝒅𝒐 da cole...
18/09/2026

🔴 🐦 𝑶 𝑩𝑵𝑮 𝑫𝑬𝑵𝑼𝑵𝑪𝑰𝑨 𝑶 𝑨𝑩𝑨𝑵𝑫𝑶 𝑫𝑨 𝑪𝑶𝑳𝑬𝑪𝑪𝑰Ó𝑵 𝑫𝑬 𝑵𝑰Ñ𝑶𝑺 𝑫𝑶 𝑷𝑹𝑶𝑭𝑬 𝑯𝑬𝑹𝑴𝑰𝑫𝑨 𝑬𝑵 𝑺𝑨𝑵𝑿𝑬𝑵𝑿𝑶

🔴 O BNG Sanxenxo denuncia o 𝒂𝒃𝒂𝒏𝒅𝒐 da colección de niños doados polo mestre 𝑿𝒐𝒔é 𝑴𝒂𝒏𝒖𝒆𝒍 𝑯𝒆𝒓𝒎𝒊𝒅𝒂, coñecido como o Profe Hermida, ao Concello no ano 2009, pouco antes do seu falecemento.

🔴 A colección estaba formada inicialmente por 𝒎á𝒊𝒔 𝒅𝒆 𝟕𝟎 𝒏𝒊ñ𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝟐𝟓 𝒆𝒔𝒑𝒆𝒄𝒊𝒆𝒔 𝒅𝒊𝒇𝒆𝒓𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔. Segundo os nacionalistas, varios xa tiveron que ser retirados polo seu deterioro e os que permanecen están 𝒈𝒂𝒓𝒅𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒖𝒏 𝒂𝒍𝒎𝒂𝒄é𝒏.

🔴 O voceiro do BNG, 𝑶𝒄𝒕𝒂𝒗𝒊𝒐 𝑮𝒐𝒏𝒛á𝒍𝒆𝒛, e a edil 𝑬𝒔𝒕𝒓𝒆𝒍𝒍𝒂 𝑴𝒂𝒓𝒕í𝒏𝒆𝒛, criticaron a xestión do Goberno do PP e lembraron que os niños chegaron a formar parte dunha exposición na Telleira en 2010. O BNG sinala que posteriormente quedaron esquecidos e que tampouco prosperou a proposta de crear un espazo específico no Centro Sociocultural do Revel.

🔴 O BNG reivindica recuperar e divulgar este 𝒍𝒆𝒈𝒂𝒅𝒐 𝒏𝒂𝒕𝒖𝒓𝒂𝒍 𝒆 𝒆𝒅𝒖𝒄𝒂𝒕𝒊𝒗𝒐, lembrando que o Profe Hermida iniciou a colección nos anos 80 e comprobaba previamente que os niños xa foran abandonados polas aves. A formación considera que a situación evidencia tamén a falta de uso cultural e didáctico da Telleira durante anos.

18/09/2026

🔴 𝐄𝐔 𝐂𝐑𝐈𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐀 𝐗𝐄𝐒𝐓𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐀𝐋𝐁𝐄𝐑𝐓𝐎 𝐕𝐀𝐑𝐄𝐋𝐀 𝐍𝐎𝐒 𝐗𝐀𝐑𝐃𝐈́𝐍𝐒 𝐌𝐈𝐆𝐔𝐄𝐋 𝐇𝐄𝐑𝐍𝐀́𝐍𝐃𝐄𝐙 𝐄 𝐃𝐎 𝐂𝐄𝐍𝐓𝐄𝐍𝐀𝐑𝐈𝐎

🔴 𝐄𝐬𝐪𝐮𝐞𝐫𝐝𝐚 𝐔𝐧𝐢𝐝𝐚 comparte a iniciativa do goberno local para impulsar a 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐞𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 dos xardíns Miguel Hernández e do Centenario, aínda que considera que 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞.

🔴 A formación sinala que o Concello tivo unha oportunidade para abordar esta cuestión cando se produciu a adquisición dos terreos do Ramal, cun investimento de 𝟏.𝟖𝟓𝟔.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬, e considera que aquela era unha ocasión para formular unha 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐠𝐥𝐨𝐛𝐚𝐥 sobre estes espazos.

🔴 Para EU, a iniciativa presentada agora “𝐬𝐞𝐦𝐞𝐥𝐥𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐮𝐬𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐝𝐞𝐬𝐯𝐢𝐚𝐫 𝐚 𝐚𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧” ante o estado de 𝐝𝐞𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫𝐨 que, segundo denuncia, presentan os xardíns. A formación cuestiona así a capacidade do goberno local para 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐫 𝐚𝐝𝐞𝐜𝐮𝐚𝐝𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐚 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞.

🔴 O portavoz , considera que 𝐀𝐥𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐕𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐞𝐬𝐚𝐩𝐫𝐨𝐯𝐞𝐢𝐭𝐨𝐮 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 para planificar a recuperación destes espazos con maior perspectiva de futuro e reclama unha actuación que permita 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐞 𝐩𝐨𝐫 𝐞𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 𝐨𝐬 𝐱𝐚𝐫𝐝𝐢́𝐧𝐬 para o uso da veciñanza.

18/09/2026

🔴 A CiberComandancia da Garda Civil , coa colaboración do Equipo @ de Pontevedra , esclareceu unha estafa informática cometida mediante...

🔴 𝗣𝗢𝗜𝗢 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘 𝗔 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗡𝗗𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 +𝗖𝗢𝗡𝗩𝗜𝗩𝗜𝗥🔴 O deputado provincial 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐓𝐨𝐮𝐫í𝐬 e o alcalde de...
18/09/2026

🔴 𝗣𝗢𝗜𝗢 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘 𝗔 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗡𝗗𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗜𝗩𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 +𝗖𝗢𝗡𝗩𝗜𝗩𝗜𝗥

🔴 O deputado provincial 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐓𝐨𝐮𝐫í𝐬 e o alcalde de Poio, 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥 𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬, presentaron a segunda xornada de convivencia do programa +Convivir 2026/2027, que se celebrará o próximo sábado 26 de setembro, a partir das 16:30 horas, no parque Ankar.

🔴 A xornada reunirá a centos de persoas do movemento asociativo e veciñal de Poio e contará con diferentes actividades. O programa inclúe un obradoiro sobre o alzhéimer a cargo de ANFAPO, un curso de primeiros auxilios con Manuel Viso e unha sesión de zumba con Alberto Canosa.

🔴 A tarde rematará cunha merenda dinamizada cun DJ, nunha cita que pretende fortalecer as relacións entre a Deputación e o movemento asociativo e veciñal e crear novos espazos de encontro e convivencia.

🔴 +Convivir chegará a arredor de 30 concellos entre este ano e o próximo e nas dúas edicións anteriores congregou a máis de 10.000 persoas. Tourís tamén destacou as 900 solicitudes recibidas este ano nas convocatorias de Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua, ante as que o goberno provincial incrementou en 1,7 millóns de euros o orzamento inicialmente previsto.

🔴 🚢 𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐌𝐀𝐑Í𝐓𝐈𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐋𝐀𝐆𝐀𝐑𝐂Í𝐀 𝐗𝐀 𝐌𝐎𝐒𝐓𝐑𝐀 𝐀 𝐒Ú𝐀 𝐈𝐌𝐀𝐗𝐄 𝐄𝐗𝐓𝐄𝐑𝐈𝐎𝐑🔴 A nova estación marítima do Porto de Vilagarc...
17/09/2026

🔴 🚢 𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐌𝐀𝐑Í𝐓𝐈𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐋𝐀𝐆𝐀𝐑𝐂Í𝐀 𝐗𝐀 𝐌𝐎𝐒𝐓𝐑𝐀 𝐀 𝐒Ú𝐀 𝐈𝐌𝐀𝐗𝐄 𝐄𝐗𝐓𝐄𝐑𝐈𝐎𝐑

🔴 A nova estación marítima do Porto de Vilagarcía , situada no Muelle de Pasaxeiros, xa permite apreciar a súa imaxe exterior e o deseño que terá o edificio unha vez rematada a actuación.

🔴 As fachadas brancas e acristaladas destacan na contorna portuaria, mentres que a cuberta de zinc achega un elemento distintivo a unha infraestrutura que xa chama a atención das persoas que pasean pola zona.

🔴 Os traballos avanzan cara á súa fase final, co edificio practicamente definido no seu aspecto exterior e pendente dos últimos remates antes da súa posta en funcionamento.

🔴 A futura estación está chamada a converterse nun novo espazo para o tráfico de pasaxeiros, modernizando as instalacións existentes e mellorando as condicións de chegada e saída dos usuarios que utilizan o porto vilagarcián.

🔴 A actuación supón tamén unha transformación da fachada marítima de Vilagarcía, nunha zona estratéxica da cidade e do porto que gaña así unha nova infraestrutura cunha imaxe máis moderna e integrada na contorna portuaria. ⚓🌊

🔴 𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 𝐗𝐄𝐑𝐀𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝟑 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎 𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐆𝐑𝐄𝐒𝐎 𝐋𝐎𝐂𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐆𝐎🔴 O presidente de 𝐍𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 (𝐍𝐍.𝐗𝐗.) 𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐯...
17/09/2026

🔴 𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 𝐗𝐄𝐑𝐀𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝟑 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎 𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐆𝐑𝐄𝐒𝐎 𝐋𝐎𝐂𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐆𝐎

🔴 O presidente de 𝐍𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 (𝐍𝐍.𝐗𝐗.) 𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐯𝐞𝐝𝐫𝐚, 𝐑𝐚ú𝐥 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚𝐦𝐚𝐫í𝐚, informou da convocatoria do Congreso Local de NN.XX. de Vigo, despois de que a Xunta Directiva provincial ratificase por unanimidade a súa celebración.

🔴 O 𝐂𝐨𝐦𝐢𝐭é 𝐎𝐫𝐠𝐚𝐧𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨𝐫 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨 (𝐂𝐎𝐂) estará presidido por 𝐁𝐨𝐫𝐣𝐚 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳 𝐅𝐨𝐧𝐭á𝐧 e contará tamén coa participación de 𝐈𝐬𝐚í𝐚𝐬 𝐆𝐢𝐥 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳 𝐞 𝐀𝐥𝐝𝐚𝐫𝐚 𝐕á𝐳𝐪𝐮𝐞𝐳 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳.

🔴 As persoas que aspiren a presentar candidatura terán ata o 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 para formalizar as súas propostas, que deberán contar cun mínimo de 𝟏𝟎 𝐚𝐯𝐚𝐥𝐞𝐬. Do 23 ao 30 de setembro desenvolverase a campaña electoral e o proceso culminará o 𝐬á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟑 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨, coa votación e celebración do Congreso Local en Vigo.

🔴 Durante a reunión tamén se abordaron os 𝐩𝐫ó𝐱𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐚 𝐟𝐨𝐥𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐫𝐨𝐮𝐭𝐚 das distintas vicesecretarías para os vindeiros meses. Santamaría destacou o compromiso da organización xuvenil e asegurou: “𝐀 𝐦𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐱𝐚 𝐞𝐬𝐭á 𝐞𝐧 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐡𝐚”.

🔴 𝐀𝐕𝐀𝐍𝐙𝐀 𝐀 𝐑𝐄𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐆𝐑𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐎 𝐃𝐀 𝐓𝐎𝐑𝐑𝐄 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐋𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐑𝐄𝐈𝐒🔴 O alcalde de Caldas de Reis, 𝐉𝐚𝐜𝐨𝐛𝐨 𝐏é𝐫𝐞𝐳, comprobou o ...
17/09/2026

🔴 𝐀𝐕𝐀𝐍𝐙𝐀 𝐀 𝐑𝐄𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐆𝐑𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐎 𝐃𝐀 𝐓𝐎𝐑𝐑𝐄 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐋𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐑𝐄𝐈𝐒

🔴 O alcalde de Caldas de Reis, 𝐉𝐚𝐜𝐨𝐛𝐨 𝐏é𝐫𝐞𝐳, comprobou o avance das obras de reforma integral do 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐝𝐚 𝐓𝐨𝐫𝐫𝐞, un dos principais enclaves do casco urbano e punto de paso do Camiño Portugués. O proxecto conta cun orzamento superior aos 𝟕𝟔𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬.

🔴 Os traballos, iniciados a mediados da primavera e executados por Excavaciones y Construcciones Manuel Portela, avanzan coa instalación das novas canalizacións e tubaxes. As redes de 𝐟𝐞𝐜𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐚𝐛𝐚𝐬𝐭𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐱𝐚 𝐞𝐬𝐭á𝐧 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐝𝐚𝐬, mentres continúan os traballos das redes de subministración eléctrica e telecomunicacións.

🔴 Unha vez rematada esta fase, comezará a colocación do 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐞𝐝𝐫𝐚𝐝𝐨 nunha superficie de máis de 𝟐.𝟓𝟎𝟎 𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐜𝐮𝐚𝐝𝐫𝐚𝐝𝐨𝐬. A actuación contempla tamén a renovación dos servizos básicos e a incorporación de medidas para 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐚 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐞 𝐚 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐢𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐚𝐥.

🔴 O proxecto está financiado con aproximadamente 𝟐𝟎𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨, mentres que o resto procede do 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐄𝐱𝐭𝐫𝐚. O alcalde agradeceu á veciñanza e aos negocios da zona a súa paciencia durante as obras e destacou que a reforma permitirá garantir o futuro do 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐝𝐚 𝐓𝐨𝐫𝐫𝐞 durante as próximas décadas.

🔴 𝐌𝐄𝐈𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐈𝐁𝐈𝐑Á 𝟒𝟖𝟐.𝟎𝟎𝟎 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐌𝐏𝐋𝐈𝐀𝐑 𝐀 𝐑𝐄𝐃𝐄 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍𝐄𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐄𝐍 𝐕𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒 𝐍Ú𝐂𝐋𝐄𝐎𝐒🔴 O deputado provincial 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐓𝐨𝐮𝐫í𝐬 a...
17/09/2026

🔴 𝐌𝐄𝐈𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐈𝐁𝐈𝐑Á 𝟒𝟖𝟐.𝟎𝟎𝟎 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐌𝐏𝐋𝐈𝐀𝐑 𝐀 𝐑𝐄𝐃𝐄 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍𝐄𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐄𝐍 𝐕𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒 𝐍Ú𝐂𝐋𝐄𝐎𝐒

🔴 O deputado provincial 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐓𝐨𝐮𝐫í𝐬 anunciou este xoves en Meis que se destinarán 𝟒𝟖𝟐.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para executar as actuacións necesarias que permitan levar o servizo de saneamento municipal a varios núcleos que actualmente non contan con esta cobertura. No acto estivo acompañado pola 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐞𝐢𝐬, Marta Giráldez Barral , e pola 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐯𝐨𝐳 𝐝𝐨 𝐏𝐏, Marta Lucio .

🔴 As obras permitirán ampliar a cobertura en 𝐕𝐚𝐥𝐛𝐨𝐚, 𝐀 𝐌𝐨𝐫𝐨𝐳𝐚, 𝐀 𝐁𝐨𝐮𝐳𝐚, 𝐏𝐚𝐳𝐨 𝐞 𝐑𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐞𝐥𝐨, beneficiando vivendas das parroquias da Armenteira, Paradela, San Martiño, San Tomé de Nogueira e San Salvador de Meis.

🔴 Ademais da instalación das novas redes de saneamento, as actuacións permitirán 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐫 𝐨 𝐩𝐚𝐯𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐫 𝐚 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐚𝐫𝐢𝐚 nas zonas nas que se desenvolverán os traballos.

🔴 O investimento será aprobado no marco do 𝐏𝐥𝐚𝐧 +𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟎𝟐𝟕, que contempla para Meis un total de 𝟗𝟕𝟖.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬. Javier Tourís Romero destacou que o plan permitirá aos concellos dispoñer de recursos para executar actuacións consideradas prioritarias e responder ás necesidades dos seus veciños.

🔴 𝐋𝐈𝐒𝐎 𝐆𝐎𝐍𝐙Á𝐋𝐄𝐙 𝐏𝐑𝐄𝐒𝐄𝐍𝐓𝐀 𝐎 𝐂𝐈𝐂𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐎𝐍𝐎 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐌𝐁𝐀𝐃𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐍 𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎 𝐀𝐃𝐔𝐋𝐓𝐎🔴 O concelleir...
17/09/2026

🔴 𝐋𝐈𝐒𝐎 𝐆𝐎𝐍𝐙Á𝐋𝐄𝐙 𝐏𝐑𝐄𝐒𝐄𝐍𝐓𝐀 𝐎 𝐂𝐈𝐂𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐎𝐍𝐎 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐌𝐁𝐀𝐃𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐍 𝐍𝐎𝐕𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐎𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎 𝐀𝐃𝐔𝐋𝐓𝐎

🔴 O concelleiro de 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐞 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨, 𝐋𝐢𝐬𝐨 𝐆𝐨𝐧𝐳á𝐥𝐞𝐳, Liso Gonzalez Roma presentou o 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐎𝐮𝐭𝐨𝐧𝐨, unha programación que o Concello decidiu manter e potenciar dentro da súa oferta cultural, tras o éxito acadado en edicións anteriores.

🔴 Nesta edición, o ciclo dirixido ao 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨 cambia de formato e as funcións celebraranse os 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞, buscando adaptarse aos novos hábitos de consumo cultural da cidadanía e facilitar a asistencia do público.

🔴 A programación combina 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚ñí𝐚𝐬 𝐯𝐞𝐭𝐞𝐫𝐚𝐧𝐚𝐬 𝐞 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐭𝐞𝐦á𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬, con propostas que van desde obras de corte máis clásico ata creacións contemporáneas. Entre as propostas destaca 𝐌𝐞𝐦𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐍𝐨𝐠𝐚𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 e a obra que dará comezo ao ciclo, 𝐀𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚.

🔴 Liso González destacou o 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐨𝐦𝐢𝐬𝐨 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐜𝐨𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 e coa continuidade dunha programación ampla en Cambados, sinalando que, malia as limitacións económicas, se continúa apostando por 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐫 𝐞 𝐚𝐦𝐩𝐥𝐢𝐚𝐫 𝐚 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥, incorporando novas propostas ao longo do ano.

Dirección

Villagarcía De Arosa

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CANAL Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir