Antela Editorial

Antela Editorial Editorial Tenda online: www.antelaeditorial.com

En Antela estamos de estrea, lanzamos o mecenado "A NIÑADA"Unha comunidade para facer medrar os libros.Na natureza, toda...
13/09/2026

En Antela estamos de estrea, lanzamos o mecenado "A NIÑADA"

Unha comunidade para facer medrar os libros.
Na natureza, toda niñada é o comezo de algo novo: un conxunto de crías que nacen xuntas, medran e emprenden o seu propio camiño. En Antela temos tamén a nosa propia niñada: poñemos en marcha novos libros, novas voces e novas historias para que os nosos poliños medren sans e fortes, e non só fisicamente.

Libro a libro, niñada a niñada, queremos construír unha comunidade de lectoras e lectores que crea na literatura galega e que queira formar parte do que está por vir. Porque ser mecenas é tamén acompañar ese crecemento, coidar os proxectos desde o seu nacemento e apostar pola creación, polos libros, pola ediorial e polo futuro da nosa cultura.
Ti tamén podes formar parte da niñada.

QUE É, SER MECENAS EN“A NIÑADA?”
Coa aportación anual de 100 € obtes unha serie de beneficios como son:
- Recibir 6 novidades anuais en primicia.
- 25% de desconto en compras desde a web.
- Contidos exclusivos e merchandising de agasallo.
FUNCIONAMENTO
- Inscrición anual a través da web.
- Envío dos libros segundo calendario editorial, en primicia.
- Comunicación periódica por newsletter exclusiva.
- Renovación anual con aviso previo.
- Poderás escoller en recibir 6 novidades (modalidade por defecto) ou 6 libros diferentes do noso catálogo.
Entra na nosa web para saber máis: https://antelaeditorial.com/index.php/mecenado-a-ninada/
Ou anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/NBN3jMguDRs6pJw77

Aquí temos a última das novidades para este 2026, un cómic para os máis cativos da casa. Escrito e ilustrado por Tavis C...
11/09/2026

Aquí temos a última das novidades para este 2026, un cómic para os máis cativos da casa. Escrito e ilustrado por Tavis Chen— Autor e ilustrador | Artista de storyboard en DreamWorks Animation.
Cando os orcos expulsan a Puca, debe buscar un novo lugar onde vivir. Un anuncio levarao a buscar o castelo, mais o traxecto ata alí será máis complicado do que parecía.
Nesta banda deseñada para cativos acompañamos a Puca nunha aventura chea de sorpresas. Unha historia sobre a amizade, a valentía e a importancia de g***r do camiño. Un relato que nos lembra que, ás veces, o máis importante non é chegar ao destino, senón as persoas que nos acompañan no percorrido.
Autor: Travis Chen
En preventa na nosa web!
*
Únete á e atopa máis información sobre os nosos libros en:
📚 www.antelaeditorial.com 📚
💌 [email protected] 💌

Que sucede cando un pequeno erro muda todo o ceo? Na fábrica secreta de nubes, onde cada nube se crea con coidado, un in...
07/09/2026

Que sucede cando un pequeno erro muda todo o ceo? Na fábrica secreta de nubes, onde cada nube se crea con coidado, un inesperado contratempo convérteo todo nun auténtico caos… ou quizais nunha oportunidade para descubrir que os accidentes tamén poden dar lugar a algo marabilloso?
Presentamos a que será a primeira novidade de este outono literaio. Das mans da gran autora e ilustradora Carmen carmen coñecemos "A fábrica secreta de nubes", un álbum ilustrado cheo de imaxinación, humor e tenrura que invita a descubrir a beleza do inesperado e a importancia de aceptar que non sempre todo sae segundo o previsto.
Xa en prevenda na nosa web e reservandoa na túa libraría de confianza.
Máis info na nosa web! ☺️

Pois ela é unha das novas caras de Antela neste 2026, chámase Clara Artiaga e estrease con este conto de cabalerías. Cla...
06/09/2026

Pois ela é unha das novas caras de Antela neste 2026, chámase Clara Artiaga e estrease con este conto de cabalerías.
Clara Artiaga naceu en Santiago de Compostela en 1995 e xa daquela non soltaba o lapis. Tras graduarse en Comunicación Audiovisual decidiu darlle unha oportunidade ó debuxo, os cómics e os fanzines, actividades ás que se adica actualmente. Participou en fanzines colectivos coma «Espuelas Siderales», «Xustas e Xoglares», «Onda Vital!!» e recentemente publicou o seu primeiro one-shot en galego xunto con Edicións Baixo Terra.

Este verán tróuxonos moitas novidades a Antela, e con ela a da cuarta edición dun dos libros xa imprescindibles na nosa ...
04/09/2026

Este verán tróuxonos moitas novidades a Antela, e con ela a da cuarta edición dun dos libros xa imprescindibles na nosa editora.
De camiño ás librarías de Galicia "Xa non son malo" recén saído do forno.
Grazas a todos os que facedes posible que o proxecto Antela sexa unha realidade!
Libro: Xa non son malo.
Escrito: Paula Merlán | Lcda. Derecho, maestra de Primaria y escritora
Ilustrado:
*
Únete á e atopa máis información sobre os nosos libros en:
📚 www.antelaeditorial.com 📚
💌 [email protected] 💌

Lembrade que xa temos dispoñible o caderno de actividades da obra gañadora do II Jaime Olmedo Limeses de novela infantil...
03/09/2026

Lembrade que xa temos dispoñible o caderno de actividades da obra gañadora do II Jaime Olmedo Limeses de novela infantil "Alén e o dragón".
Obra escrita por Olaia Sendon e ilustrada por Victor Rivas
Entrade na nosa web e descubride todos os nosos cadernos didácticos.

Presentamos o chifrolo (metade chifro e metade polo). Só hai que darlle un pouco de beber e soprar! ☺️Coas compras pola ...
30/08/2026

Presentamos o chifrolo (metade chifro e metade polo). Só hai que darlle un pouco de beber e soprar! ☺️
Coas compras pola nosa web de dous ou máis exemplares, de agasallo un chifrolo, un chaveiro e moito máis.
Únete á e atopa máis información sobre os nosos libros en:
📚 www.antelaeditorial.com 📚
💌 [email protected] 💌

Aínda non sabedes quen son os autores desta novela gráfica de ciencia ficción, e un dos éxitos do verán? Pois eles son D...
29/08/2026

Aínda non sabedes quen son os autores desta novela gráfica de ciencia ficción, e un dos éxitos do verán? Pois eles son David Braña e Ángela Curro.

David Braña (Barcelona, 1973). A súa afición polos cómics venlle de neno. Co paso do tempo, esa afición sumou a de escribir, e iso levoulle a ser guionista. Guionizou un gran número de historietas cortas en revistas e antoloxías, coordinando algunhas delas; e cómics de maior extensión en distintos mercados (España, EUA, Reino Unido, Francia) como como DOS, Evil War, Mercury, Los ocultos, Mil Lobos, Vivar, Madeja, Lady Enigma, Córtex, Monte Arruit, Pax Anza, La Batalla de Rande, Lady Enigma, Tamia y las memorias del dragón, Dugan, Good Bastard, El Azote, Spinal Cord, A Bocajarro, Tormo... entre outros.

Ángela Curro (Vilagarcía de Arousa, 1985) Moañesa desde os 3 anos, de pequena os seus pais líanlle cómics e descubríu que podía facelos ela tamén.

Na parte de formación, cursou un Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte Antonio Faílde en Ourense e posteriormente, a Licenciatura en Belas Artes na Universidade de Vigo.
En 2022 publicou con Demo Editorial o cómic “Baixo o pantano”; en 2024 o cómic “La gota de sangre” adaptación da novela de Emilia Pardo Bazán, con Grafito Editorial, guión de Ricardo Vílbor e cor de Alicia Soria; e, en 2025, “O nobelo de Nenuca”, álbum ilustrado con texto de Irene Alonso Gasalla, da man da editorial Cuarto de Inverno; e, agora tamén, este que tes nas mans.

Nuns tempos nos que é preciso reivindicar a Intelixencia Humana, presentamos...Deseñado por Xiana Canal
23/08/2026

Nuns tempos nos que é preciso reivindicar a Intelixencia Humana, presentamos...
Deseñado por Xiana Canal

Coñeces aos autores de Fauna?   e Damián Gómez Figueiras son os creadores da nosa BD máis canalla. Non lles perdades a p...
22/08/2026

Coñeces aos autores de Fauna?
e Damián Gómez Figueiras son os creadores da nosa BD máis canalla.
Non lles perdades a pista, van dar moito que ler!
Iago Fernández Falcón: Nacido no 98, como é un ourizo, naceu cego. Nada máis desenvolver a súa vista empezou a consumir historias que logo o motivarían
a escribir as súas. Para aprender a facelas estudou no Garaxe Hermético. Utiliza as súas pugas como lapis para debuxar e escribir.
Damián Gómez Figueiras: é unha estrela de mar, que botándolle moita cara sempre destacou ao debuxar. Ten cinco puntas coas que agarra lapis e pincel, e si aínda precisa axuda, divídese en dous ou máis, para nunca fallar.

Dirección

Villar De Barrio

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Antela Editorial publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Antela Editorial:

Atajos

Compartir

Categoría